venres, 19 de xuño de 2020

FIN DE CURSO!

Ola familias, ola nenos e nenas! Pois hoxe rematamos o curso, este raro curso. Esta despedida estaría chea de bicos e apertas, de alegría e de emoción, pero o bichiño do coronavirus non nos deixou facelo. Así que para rematar o curso dunha maneira divertida, propóñovos que fagades unha XINCANA DE AUGA! Como? Pois aquí cos deixo as probas que se me ocorreron, algunhas delas xa as coñecedes, pero podedes engadir e modificar as que queirades!! 







E para este verán un tanto raro tamén, quero compartir con vós unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS, para os nenos e nenas e tamén para as familias!


Non vos esquezades de xogar moito: por fóra, por dentro, con puzles, construcións, debuxar....e de colaborar nas tarefas da casa!
Soamente me queda desexarvos un BO VERÁN E ESPEROVOS EN SETEMBRO CON MOITAS GAÑAS DE APRENDER E XOGAR!


martes, 16 de xuño de 2020

PREPARAMOS UNHA FESTA!

Ola de novo! Este curso está chegando á súa fin, que gañas de comezar o próximo todos e todas xuntas!

Para esta última semana, comparto con vós un último XOGO DE ATENCIÓN, que seguro dades resolto con gran facilidade!!



E para rematar, este xoves, na última videochamada imos PREPARAR UNHA FESTA!! Como? Pois aquí vos deixo o que precisades! Será algo diferente, pero seguro que o pasamos moi ben!

ATA O XOVES!

venres, 12 de xuño de 2020

A COCIÑAR!

Ola de novo, este raro curso está chegando ao seu fin! Hoxe comparto con vós dous enlaces a dous contos que lles encanta! Pincha neles e accededes:



E como xa sei que vos encanta cociñar, deixovos unha receita super sinxela

E para rematar, Marco fixo estas imaxes para que identifiquedes todas as diferenzas, sodes capaces?



ÁNIMO!



martes, 9 de xuño de 2020

CREA E MÓVETE!

Ola de novo nenos e nenas! Como imos? Que sensación tan rara este final de curso verdade? Estamos case rematando...
Para estes días nos que xa estamos volvendo á nova normalidade comparto con vós dúas propostas para facer ao aire libre, aínda que tamén se poden adaptar para facelo no interior. Son moi sinxeliñas!

A primeira delas trátase de compoñer O TEU NOME con elementos da natureza! Eu xa fíxen o meu, a ver se vos gustaa!


Se poñer o voso nome xa vos parece moi sinxelo podedes intentar facer outra palabra, ou un debuxo para compartir cos compañeiros e compañeiras! 

A outra actividade está relacionada co MOVEMENTO, atrevédesvos a facer este reto?


Aproveito para comentarvos que revisedes a aplicación Abalar, pois mandei unha mensaxe para a organización da recollida de material. 
MOITO ÁNIMO! BÓTOVOS DE MENOS!

venres, 5 de xuño de 2020

BUSCA AS DIFERENZAS E MEDIO AMBIENTE

Ola de novo! 
Para rematar a semana comparto con vós dúas pequenas propostas moi faciliñas de levar a cabo.
A primeira delas é para traballar a atención dos nenos e nenas e podedes facela directamente no ordenador, falando cos nenos e nenas. Se na anterior entrada tiñamos que buscar o intruso...hoxe temos que BUSCAR AS DIFERENZAS, seredes capaces? En cada exemplo é máis complicado, atentos/as!





E ademais, fixen un dos exercicios empregando elementos da casa
Agora que seguro xa as atopástedes todas, que vos parece se propoñedes vós dúas imaxes semellantes nas que haxa que buscar as diferenzas? Eu colgareinas no blog e entre todos/as buscamos as diferenzas! 

E para rematar....Hoxe celébrase o DÍA DO MEDIO AMBIENTE. Xa sabedes que é moi importante coidar o noso planeta, e unha das medidas que podemos tomar no noso día a día é reutilizar e reciclar os obxectos das nosas casas...que vos parece se os reutilizamos para facer esculturas? Aquí vos poño algún exemplo:

Estou desexando ver as vosas! Ánimo!

martes, 2 de xuño de 2020

INTRUSO E CARREIRA DE ESPONXAS

Ola de novo familias, como imos?
Hoxe comparto con vós dúas propostas moi sinxeliñas e refrescantes!

A primeira delas é unha actividade na que os nenos e nenas terán que BUSCAR O INTRUSO. Nas seguintes agrupacións deben sinalar cal non encaixa e, o máis importante, dicir e argumentar por que. Esta segunda parte é esencial, pois é o obxectivo da actividade, que sexan capaces de argumentar e de explicar a súa elección, non tanto "acertar". Aquí tedes uns exemplos que podedes facer directamente no ordenador, e se vos gusta a idea pois podedes facer máis e cada vez máis complexos!







E para xogar un pouco...que vos parece facer unha CARREIRA DE ESPONXAS? Retade aos vosos familiares!
Espero que sigades todos e todas ben! Ánimo!