venres, 2 de decembro de 2022

CALENDARIO DE NADAL

 Ola familias, como xa moitas sabedes temos na aula un calendario e unha caixiña na que o elfiño Reno vainos deixando propostas de Nadal para a clase, como nn podía ser doutra maneira hoxe tamén deixou unha proposta para a casa, aquí vola deixo!!


Continuando co calendario, o Elfiño Reno, deixou outra proposta para as familias!



Para este día festivo traemos esta proposta!

Para esta fin de semana queremos ver as mans na masa! A cociñar!

Para a última fin de semana antes das vacacións, unha proposta faciliña!



BO NADAL!


mércores, 30 de novembro de 2022

BO NADAL

 Ola familias, como xa avisei na reunión inicial, céntrome noutras cousas máis que en compartir nas redes o que facemos na aula, sobre todo porque estou inmersa con elxs nas actividades e cando me dou conta de sacar a foto, pois xa acabamos a actividade. Pero bueno, máis vale tarde que nunca non? Xa teño obxectivo de ano novo.

Ben, nesta primeira entrada comparto con vós unha serie de recomendacións para as datas que se achegan. Na sociedade na que vivimos evitar o consumismo e a cantidade de agasallos que chegan á casa é complicado, seino, pero sempre podemos establecer pautas. 

Na clase xa contamos con algún que outro xogo de mesa, espero que vos sumerxades neste mundo, se o probades non poderedes saír del. Así que comparto con vós unhas recomendacións de xogos para estas idades: 

Na clase temos estes:


Mr Luko:
xogo ideal para iniciarse nos xogos cooperativos. Na nosa clase triunfou. O obxectivo é que entre todos e todas gardemos as ovellas antes de que chegue a loba (si, na nosa clase é loba) e come as cordeiriñas e cordeiriños. Para iso contamos cun dado con diferentes indicacións.


Speed cups:
 xogo de habilidade, atención e concentración. Cada xogador/a conta con 5 cubiletes de 5 cores diferentes, cóllese unha tarxeta e hai que colocalos na orde que indica. Coidado! Non é tan sinxelo como parece...


Chaf chof: 
xogo de atención con cartas e dados. Pódese xogar con diferentes niveis de dificultade. Xs xogadorxs terán que ir buscando o animal ou cor correspondente nas tarxetas.


Walli Laraña:
un xogo que conta con 4 telas de araña e 4 arañas, tirando o dado terán que ir facendo as telas, metendo o cordón polo burato da froita correspondente. Un xogo moi bo para practicar o movemento dos dediños.




Outros xogos de mesa para xogar en familia que non temos na clase pero son aptos para esta idade, dependendo sempre da madurez do neno ou nena:


Adivina en 10:
xogo con cartas no que se deberá adiviñar o animal, pero coidado non se pode dicir o seu nome, soamente dando pistas: que come? de que cor é? Onde vive?


Little cooperation
: outro xogo coopertativo no que se deberá pasar todos os animais ao outro lado da ponde, coidado que non se derrumbe a ponte! A sorte ten que estar do noso lado.


El frutal: este xogo, tamén cooperativo, consiste en ir recolectando todas as froitas antes de que as coma o corvo. Estes xogos que parecen soamente do azar axudan a traballar a frustración, pois se perdemos, perdemos todos e todas, e tamén se inician en tácticas de estratexia. 

Animal sobre animal infantil: xogo de atención e concentración, no que segundo o que nos indique o dado teremos que ir facendo unha torre. Ademais conta con 3 modos de xogo. 



Ademais de xogos de mesa, para que xoguen de maneira máis autónoma, comparto con vós os seguintes:



Imanix: xogo con imans para crear un mundo de ideas


Beads&clip:
xogo que temos na clase para practicar o manexo de pinzas, clasificación de cores, concentración...

Pezas de construción de madeira


Pezas soltas:
 un mundo de pezas para que as nenas e nenos creen ao seu antollo.




E por suposto, aqueles xogos e xoguetes que se adapten aos gustos particulares de cada un ou unha. 

Tamén comparto con vós unha pequena lista de contos:

                     

                                                      


                

E por suposto, un par de títulos para as familias:
  • Educar en el asombro de Catherine L'Ecuyer
  • El cerebro del niño explicado a los padres de Álvaro Bilbao
  • Educar en el feminismo de Iria Marañón
  • Piezas sueltas de Priscilla Vela
Espero que vos sexa de utilidade, ata a seguinte, que non tardarei!

martes, 1 de febreiro de 2022

ENTROIDO

 Ola familias, teño isto esquecido, pero espero poder retomalo para darvos a coñecer todo o que facemos na aula. Para recomezar, quero compartir con vos o inicio da preparación do noso disfraz para Entroido. 

Persoalmente, quero que os nenos e nenas estean implicados no disfraz ao máximo e que os fagan seus, que os sintan seus e que se sintan partícipes, sendo conscientes do proceso, dándolle importancia a esto e non tan só ao "bonito" que quede ao final. 

Como seguramente moitos de vós xa saibades, este curso imos de ASTRONAUTAS, moi acorde co proxecto que estamos levando a cabo. Esta semana estamos comezando a preparar as mochilas de astronauta que faremos coas caixas que trouxeron da casa. Para iso, fixemos un deseño das mesmas, e a través desta actividade traballamos moitos aspectos:

- Novos conceptos como "deseño" e "boceto". 

- Toma de decisións, pois a pesares de que había certos elementos obrigatorios tiveron que decidir cores, localización no espazo, elementos...

- Aproveitamento e disposición espacial sobre o papel. 

Aquí comparto con vós este deseños tan fermosos que fixeron, e que nun futuro poderedes comparar coas súas creacións nas mochilas. 


  
  

  

  


SAUDIÑOS!