venres, 29 de maio de 2020

XOGAMOS CO XEO?

Ola de novo! 
Polo visto, as temperaturas do verán estanse adiantando un pouco...así que con esta calor...apetécevos EXPERIMENTAR CON XEO? Aqueí ves deixo unhas propostas!
A ver que tal vos quedan esas creacións!
E por outro lado, como sei que vos gusta cociñar, aquí vos deixo dúas RECEITAS de tortitas, unhas tradicionais e outras feitas con mazá e avea. A disfrutalas!


ESPERO QUE VOS GUSTEN!

martes, 26 de maio de 2020

XEOMETRÍA NAS NOSAS CASAS

Ola de novo!!
A proposta de hoxe está relacionada coas FORMAS e para iso temos que convertirnos en detectives! Preparados/as??? A xogar!






Gustouvos? A proposta de hoxe e breve pero moi enriquecedora! Espero ver as vosas creacións! 
Ánimo! 


venres, 22 de maio de 2020

PAXARO AMARELO E MÚSICA DE CORES

Ola de novo! 
Como cada venres traio novas propostas. Atentos/as!

Comezamos contando un conto, sei que moitos dos/as peques lles encanta verme contar contos, así que espero que disfruten un montón deste! É o conto de Paxaro Amarelo escrito por Olga de Dios e da editorial Apila. 

Deixovos tamén AQUÍ o enlace ao conto que a autora ten de maneira libre coa licencia Creative Comons para que poidan ver mellor as imaxes do conto (neste caso en castelán).

E agora...un par de propostas! 

Podes facer un vídeo explicando o invento e mandarmo, e non te esquezas de mandarme unha foto do invento só para poder compartilo no blog! 

Outra actividade SUUUPER CHULA que nos comparte Laura, a mestra de música, é a seguinte: MÚSICA DE CORES, atrevédesvos?? Quero vervos tocar!



ESPERO AS VOSAS CREACIÓNS!

martes, 19 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS e DÍA DOS MUSEOS

Ola familias! Ola nenas e nenos! Que tal imos?
Como levamos facendo xa unha temporada, temos que celebrar as diferentes conmemoracións de maneira virtual. Non deixedes de visitar a páxina do CPI Os Dices para ver todo o traballo da semana cultural virtual, que traballazo!!

Como ben sabedes, este pasado domingo foi o día das LETRAS GALEGAS, este ano adicóuselle a Ricardo Carvalho Calero. Se queredes coñecélo, non tedes máis que ver o seguinte vídeo, realizado polo Colexio San Pío X de Ourense e compartido polo Seminario Galán.

Ademais, no noso cole, os nenos e nenas de secundaria adicáronlle un dos seus famosos telexornais, fai CLIC AQUÍ e non volo perdades!

Ben, pois Ricardo Carvalho Calero, dentro da súa numerosa obra tiña un conto para os máis pequenos, aquí volo deixo compartido, contado polas mestras e mestres do CEIP Vilaverde-Mourente. O conto titúlase "As pitas baixo a choiva" publicado por Edicións Embora e ilustrado por Alberto Toval.


E agora, que xa escoitástedes o conto, unhas preguntiñas de comprensión:

E...tamén vos propoño que tentedes facer o seu retrato. Poñede a voar a vosa creatividade e dádelle cor ás súas fotos, facede collages, con témperas, con flores, con alimentos....como queirades! Aquí vos deixo algunha das súas imaxes, tanto de novo como de máis maior, e se vos animades tamén vos deixo unha escultura que está en Santiago de Compostela por se queredes representala! (Podedes tentar facelo co voso corpo e sacarvos unha foto!) 

Ficheiro:Ricardo Carballo Calero na súa xuventude.jpg - Wikipedia ...                       Ricardo Carvalho Calero (1910 - 1990) (con imágenes)                         Ficheiro:2013. Ricardo Carballo Calero por José Molares. Santiago ...


E para rematar, un pouco de música como non podía ser doutro xeito para celebrar este día da nosas letras. Comparto con vós a canción "A Fala" por Uxía Senlle en colaboración coas Tanxugueiras e Faia, e a canción "O meu mundo é" de Paco Nogueiras recolllida no seu cd "Brinca Vai", a mover o esqueleto!



E como estamos de celebracións, comentarvos que onte foi o Día Internacional dos Museos e para conmemoralo, deixovos uns enlaces a continuación para facer unhas visitas virtuais a diferentes museos:
  • Se facedes clic na seguinte imaxe, iredes á páxina oficial dos museos de Galicia, de maneira máis específica a aqueles que teñen visitas virtuais. Persoalmente visitar o conxunto etnográfico de O Cebreiro para ver as pallozas por dentro é incrible. E se lle queredes ensinar aos máis peques como eran as escolas fai anos tamén tedes acceso ao museo pedagóxico de Galicia
Fotos gratis : en blanco y negro, fotografía, rueda, espiral ...
  • O Acuario de A Coruña non ten unha visita virtual, pero si ten imaxes panorámicas moi chulas, podedes visitalas no seguinte enlace (clic na imaxe)
Archivo:Peces en el Aquarium Finisterrae.jpg - Wikipedia, la ...
  • E se vos apetece xogar un pouco, podedes facelo buscando personaxes no Museo del Prado, (clic na imaxe)
Archivo:Museo del Prado 2016 (25185969599).jpg - Wikipedia, la ...
  • E para rematar, aínda que non é un museo en si mesmo, xa que estamos traballando a sabana e nos gustan tanto os animais comparto con vós o enlace dunha visita virtual a Cabárceno(clic na imaxe).
Archivo:Parque de Cabarceno.jpg - Wikipedia, la enciclopedia libre

ESPERO QUE O PASEDES MOI BEN, E XA ME CONTAREDES CALES FORON AS VOSAS VISITAS!



venres, 15 de maio de 2020

BO DÍA DE SAN ISIDRO

Ola nenos/as e familias!

Como xa sabedes hoxe é o día de San Isidro, patrón en Rois. 

Así que...collédevos de enerxía, poñédevos guapos e guapas e a mover o esqueleto! Bailade moito, tomade un zume e pasadeo pipa! 

Visitade a páxina do cole, se pinchades aquí xa vos redirixe, alí estamos celebrando a Semana Cultural de maneira Virtual, e hoxe hai un vídeo con nenos e nenas bailongos/as, cantarines/as e tocando diferentes instrumentos, coñecedes a alguén? Eu siiii!!!!

Na páxina mesma, ao longo da semana fóronse colgando vídeos e recomendacións, con fotos no día do museo etnográfico, recomendacións de contos no día do libro...e estos días seguimos porque como xa sabedes este domingo celébrase o Día das Letras Galegas, adicado neste ano a Ricardo Carvalho Calero! 

Ademais deixovos aquí, un par de cancións que aos nenos e nenas e a min nosencanta bailar na clase! 




A BAILAR!!

martes, 12 de maio de 2020

XOGA QUE TE XOGA

Ola de novo! Hoxe propóñovos UN XOGO DE MESA para que pasedes un rato en familia, e agora que xa imos avanzando poder compartir momentos divertidos con máis xente!

Fixen este xogo de mesa adaptado aos nenos e nenas, e a vantaxa que ten e que é aberto, é dicir, podedes inventar novas probas, poñer os retos que queirades e volver a cambialo cando xa vos aburrades del. 




 Comparto as probas e o taboleiro nun PDF, para aqueles/as que queirades imprimilo, pero podedes facelo na casa sen necesidade de imprimir!



A continuación tedes tamén as tarxetas en PDF, lembrade que estas son un exemplo, podedes facer vós as vosas propias! 


E por se non tedes ningún xogo con dados, déixovos unha plantilla para facelo.

ESPERO QUE VOS GUSTE! ÁNIMO NENOS/AS!

luns, 11 de maio de 2020

CAIXA CONTO MARCO

Ola familias, seguen cheganco cousiñas á miña conta de correo e encántame! Neste caso é a caixa conto de MARCO, que lle axudou a facer e inventar o seu irmá Noé. Aquí vola deixo, a min encantoume!



Grazas polo voso esforzo! Ánimo!

venres, 8 de maio de 2020

VAI DE BAILE

Ola olaaaaa!! Como imos? Hoxe para darlle alegría á fin de semana fágovos unhas propostas bailongas e musicais, que polo que sei vos encantan!

Comezamos bailando un pouco para quentar o esqueleto e os músculos! (Actividade que tamén atoparedes en aulasgalegas.org)


E para continuar...unhas propostas que fai a profe Laura (música) no seu blog que me pareceu súper divertida. Imos crear a paisaxe sonora de Rois, animádesvos? No seu blog ten as instrucións, e aquí vos deixo un esquema tamén! A crear! Aquí vos deixo tamén o enlace ao laboratorio musical

Ah! E non vos esquezades de que para a semana que celebrarase no cole é a semana cultural virtual, non dubidedes en participar! 

Espero con ganas as vosas creacións! Ánimo!


xoves, 7 de maio de 2020

TRABALLANDO EN TEMPOS DE CUARENTENA

Ola familias! Que tal imos, polo que vexo moitos e moitas de vós traballando moito, e o que é máis importante pasando ratos agradables, que é o importante e co que nos temos que quedar. Aquí vos deixo un pequeno vídeo onde recolectei algunhas das fotos que compartistedes conmigo!

Encántame saber de vós e ver as fotos que me mandadaes! Aquí só hai unha pequena mostra coas vosas actividades!

Moito ánimo!

martes, 5 de maio de 2020

PRIMEIRO UN E DESPOIS OUTRO

Ola de novo familias, ola nenos e nenas! Como cada martes, veño por aquí a compartir unhas propostas, que espero que disfrutedes e o pasedes pipa con elas. 

Desta vez, a cousa vai de SERIES. Recordades o que eran as series? Lembrades que no cole as practicamos varias veces cos animaliños pequenos que temos na clase? Primeiro poñíamos un azul, e logo un verde, despois o azul e logo o verde, e así ata facer unha serpe longa longa longa. Pois o que vos propoño é que practiquedes estas series na casa, e como? Pois podedes facer series con obxectos comúns da casa: con xoguetes, con teas, con elementos pequenos, con elementos grandes. 

Eu déixovos aquí uns exemplos, pero podedes facelas co que se vos ocorra! 

CULLER-TENEDOR-CULLER-TENEDOR...

GRANDE-PEQUENA-GRANDE-PEQUENA....

CON FROITAS:

POR CORES:

E se a nena ou neno xa ten adquirido este concepto, podedes facer series de tres elementos:
IMPORTANTE: é moi importante que nesta actividade o neno/a sexa consciente do que fai e que vaia dicindo en voz alta o elemento que vai colocando. Cando rematamos a serie é tamén moi importante verbalizalo de maneira oral, desde o comezo ata o final para que esa aprendizaxe vaia asentándose no cerebro dos máis peques. 

Outra actividade que vos propoño hoxe é facer MANDALAS, coñecédelas? Serven para relaxarnos. Na clase acostumamos a facer "o tren da relaxación" dándonos masaxes uns aos outros, podedes ensinarllo ás vosas familias! 
Pero neste caso propóñovos crear as vosas propias mandalas. Trátanse de configuracións ou composicións de diferentes maneiras que nos axudan a concentrarnos. Hai montóns na rede para colorear, pero neste caso eu propóñovos que a fagades con elementos que teñades na casa, no xardín, con elementos da natureza...a poñer en marcha a creatividade! 
É importante que os nenos e nenas o fagan de maneira autónoma, e seguindo a súa estética. Podemos axudarlle creando un círculo grande para guialos nesa forma e que fagan a mandala dentro dese círculo comezando desde o centro, pero é importante que esta actividade sexa libre e respectar a súa estética. 
Aquí vos deixo a miña, moi sinxeliña cos elementos que tiña na casa:

Vós podedela facer ao grande! 
Aquí vos deixo algúns exemplos, pero hai montón na rede, soamente buscade "mandala naturaleza" ou "mandala con objetos":
Mandala naturaleza    Mandalas.   As Maravilhosas Mandalas Feitas com Flores e Folhas
                          
Non vos esquezades de mandarme as vosas creacións! Estos días compartirei por aquí cousiñas que me van chegando.
ATA A PRÓXIMA!