xoves, 24 de decembro de 2020

BO NADAL!

 Ola familias, 1º trimestre superado! 

O curso comezou con incertidumbre e preocupacións, pero de novo a maxia dos máis pequenos e pequenas fixo que todo saíra ben e ademais valoraramos certas cousas que antes non lle dábamos demasiada importancia! 

Paso por aquí para desexarvos boas e saudables festas! 

Algunhas familias pregutastesme por recomendacións para facer cos nenos/as no Nadal, así que vos deixo por aquí algunha proposta lúdica para que fagades xunt@s.

Receita (nunca falla)


Despois de facer a receita, propóñovos varias actividades:

  • Debuxar os ingredientes e escribilos (sempre da maneira que eles saiban, non lles debemos dicir as letras senón que vaian escoitando os sons, e cando rematen a palabra, escribímoslla por debaixo para que se fixen, pero non a volven a corrixir, é un proceso madurativo que irán adquirindo).
  • Debuxar os pasos que seguimos para elaborar a receita. Para iso podemos axudarlles dividindo un folio en tantos cadros como pasos teña a receita (non teñen porque facer exactamente todos, podemos dividir en amasar, enfriar, estirar a masa, facer moldes, e o forno).
  • Despois, podemos recortar eses cadros, desordenalos e que despois o teñan que ordenar seguindo os pasos da receita e explicando cada paso. Traballo da secuencia temporal. 
Xogos de atención
Para traballar a atención, podemos xogar a un montón de cousas, aquí propóñovos:
  • Xogar ao tradicional xogo "Veo veo", no que traballan descricións e atención aos detalles que nos rodean. 
  • Podemos crear o noso propio Memory. Poñédevos de acordo en cantas parellas queredes facer para o xogo e que elementos queredes que aparezan, pode ser navideño, do inverno, de animais, do corpo...Unha vez decidido facede as tarxetas recortando anacos de papel ou cartolina. Despois, @ nen@ pode debuxar unha das parellas e outr@ membr@ da familia o outro debuxo da parella e listo, a XOGAR!
  • Variable memory: no lugar de facer dous debuxos, podedes poñerlle a palabra e que teñan que buscar a parella (palabra-debuxo) axudándose dos sons da letra inicial sobre todo. 
  • Na clase contamos con varios xogos comerciais de atención, compártoos por aquí por se aínda tedes a carta do Apalpador/Papa Noel ou os Reis Magos sen escribir.
                          

Relaxación

Xa sabedes que na nosa clase somos moi fans do ioga, estas semanas estivemos facendo un exercicio que nos gustou moito, seguindo as instrucións do seguinte vídeo (aínda que está en inglés @s nen@s siguen as posturas e fano moi ben). Acondicionade o momento, pouca luz, e tratade de facelo con el@s.

Xogar
Por último e o máis importante, xogade moito e deixade voar a creatividade dos pequenos/as: que constrúan, que creen, que destrocen, que volvan a crear, que corran, que saltan; en definitiva que sexan nenos e nenas e que xoguen moito, e se vos unides ao seu xogo será o triple de enriquecedor!



Pasade momentos de calidade que son os máis importantes e o que máis recordan os nenos e nenas. 
Á volta do Nadal adican 2 segundos a compartir os regalos e moitos minutos a compartir todas as cousas que fixeron coa familia, e iso é co que nos debemos quedar. 

Non me queda máis que agradecervos de novo o apoio nestes meses para superar a incertidumbre que vivimos, vémonos á volta con máis enerxía e con moitas ganas de seguir aprendendo xuntas e xuntos!

Unha forte aperta e moitos bicos, Rebeca.

BO NADAL E FELIZ 2021


venres, 4 de decembro de 2020

CHEGA O NADAL!

 Ola familias, hoxe abrimos os paquetiños do calendario correspondentes ao sábado, domingo, luns e martes. Aquí volos deixo!





E para este sábado de película aquí vos deixo unhas recomendacións de cortos que atopades en youtube, para as/os que non teñan á man ningunha película navideña!

                

 

ESPERO QUE OS DISFRUTEDES EN FAMILIA!