sábado, 24 de outubro de 2020

RADIOGRAFÍA DA NOSA MAN

 Ola familias, como xa sabedes estamos traballando o corpo humano. A verdade é que sen plantealo nin organizalo os nenos e nenas están a tope de motivados coa temática e cada día pasamos un bo rato falando de diferentes cousas que imos aprendendo. 

Polo momento estamos cos ósos, que nos fascinan! A mamá de Uxía estanos axudando moito, telemáticamente (unha pena que sexa así pero bueno). 

Mandounos un montón de material e un titorial para poder facer a radiografía da nosa man, así que levamos toda a semana traballando niso. 

Coa mesa de luz vimos a radiografía dunha man (e de moitas outras partes do corpo, gracias á mamá de Uxía).


Unha vez que vimos o titorial, anotamos todos os materiais que precisamos para a nosa radiografía. 




Como vedes respectamos o ritmo de cada neno e nena na escritura. Fixemos esta actividade en pequeno grupo, eu íalles decindo as palabras e eles/as escribían o grafema correspondente aos sons que escoitaban  e unha vez que remataban eu escribinlles coa mesma cor e por debaixo a palabra completa para que se fixaran en como é. Non a volven a escribir, simplemente nos fixamos e a dicimos en voz alta. 

É moi importante esta parte para traballar a conciencia fonolóxica que será a base esencial para a lectura e escritura posterior. Máis adiante colgarei un posto sobre este tema. 

Unha vez que xa temos a lista completa e xa sabemos que precisamos, puxémonos mans á obra e este foi o noso resultado!



Encantounos, e seguimos inmersos neste mundo do corpo humano. 

mércores, 21 de outubro de 2020

FLORA EN LA ARENA DE PAUL KLEE

 Ola familias! 

Como xa sabedes encántannos os cadros, xa o curso pasado comezamos a traballar algúns deles, e este curso imos polo mesmo camiño. 

Comezamos co cadro "Flora en la arena" de Paul Klee 

"Flora en la arena" de Paul Klee, extraída de https://es.wahooart.com/@@/8LT44R-Paul-Klee-flora-on-arena


Nun primeiro momento, observamos o cadro en gran grupo e comentamos o que vemos. Neste caso pouco tempo fixo falta para que comezaran a falar de cadrados e rectángulos e de cores moi diferentes. 

Para reinterpretalo recortamos cadrados e rectángulos de diferentes cores e con diferentes materiais.




Por equipos fomos pegándoos nunha cartolina que logo poñeriamos nunha máis grande para formar a reinterpretación do noso cadro.



Penso que nos quedou chulísimo. Despois dunha votación gañou o nome de ARCOIRIS, agora só nos queda escribilo!

Biquiños!

xoves, 8 de outubro de 2020

NA CLASE COMO NA CASA

Na nosa clase, o curso pasado tiñamos un problema. Encántanos xogar e manipular no chan, pero cada vez que viñamos do patio era imposible pola cantidade de terra e de area que xuntabamos.

Así que este ano atopamos a solución!

Agora, cada vez que chegamos pola mañá e despois do recreo poñemos as zapatillas ou zocos (temos debate de como chamarlles). Estamos comodísimos e comodísimas e ademais practicamos a autonomía 😍 E por suposto, isto non sería posible sin a colaboración das familias que se adaptaron perfectamente ás peticións. 

                             

Que vos parece??