mércores, 29 de abril de 2020

FELIZ DÍA MUNDIAL DA DANZA



Hoxe é o día mundial da danza, así que a bailar! Se vos animades, visitade o blog da mestra de música Laura que o teño redireccionado na marxe dereita. Alí vos comparte unha proposta bailonga para vivir en directo da man de Pesdelán, hoxe ás 12.00horas da mañá. 

Bailade moito!!

martes, 28 de abril de 2020

PSICOMOTRICIDADE

Ola de novo familias!
Hoxe traio propostas para traballar a psicomotricidade dos nenos e nenas e para pasalo ben sobre todo!!

Imos traballar tanto a psicomotricidade fina como a grosa.

PSICOMOTRICIDADE GROSA

Comparto con vós un circuíto caseiro (que tamén o podedes atopar na páxina aulasgalegas.gal). Este é unha idea pero podedes facer as vosas creacións. Acordádevos de compartilas!


PSICOMOTRICIDADE FINA

Nesta etapa educativa é moi importante traballar os pre-requisitos para a escritura. A psicomotricidade é imprescinble para un bo desenvolvemento da escrita, é por elo que aquí comparto con vós dúas posibilidades adaptadas á idade e moi divertidas!

A plastilina é moi boa para desenvolver esta parte da motricidade dos nenos e nenas e ademais encántallles,  que é importante. Espero que vos guste un montón! E se non tedes plasti, na entrada anterior tedes a receita de como facer plasti caseira!

Saúdos!


venres, 24 de abril de 2020

CREAR A TOPE!

Ola a todas/os! Outro venres máis polo blog! Unha semana máis na casa pero... unha semana menos para vernos!!

Desta volta, e como vin que a receita do pan triunfou, comparto con vós unha nova receita, pero desta vez para facer....PLASTILINA CASEIRA! 
Espero que o pasedes xenial facéndoa!! 

Sei en primeira persoa que a moitos e moitas de vós, vos encanta debuxar!! Pois, pensando niso, comparto con vós un titorial para facer maxia con papel de cociña. 
Esta actividade paréceme preciosa para os nenos e nenas, e ademais podedes aproveitar para traballar con ela outros aspectos da aprendizaxe. Ao igual que facemos na clase, despois de que fagan este experimento podedes pedirlle aos nenos e nenas que recorden o que empregaron e que o escriban nun papel (SEMPRE Á SÚA MANEIRA E DE XEITOLIBRE, SEN COPIAR AS PALABRAS) e que os debuxen, e debuxar tamén o resultado final. 
Esta representación tamén o podedes facer de maneira oral, recordando o que empregaron para facelo, axudándolle a estruturar a mente.

E PARA FINALIZAR...
Anímovos a crear ARCOS DA VELLA. Botade a vosa imaxinación a voar e creade arcos da vella con diferentes materiais que teñades pola casa: elementos naturais, pinturas, cartóns, elementos da casa... Mandádeme unha foto (sen que saian os nenos/as) e despois compartímolas todas, eu tratarei de crear o meu tamén!

SAIREMOS DESTA! ÁNIMO!

xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Ola a tod@s! Como xa sabedes hoxe, 23 de abril, é o día do libro, así que moi feliz día do libro. Nós xa comezamos esta andaina blogueira compartindo contos, porque aínda que hoxe sexa o día do libro, na nosa aula os contos están presentes todos os días, e tanto aos nenos e nenas coma min encántannos!
Para celebralo propóñovos que leades toda a familia xunto o voso conto favorito e que pasedes un bo rato xunto, porque ademais de gozar coa lectura os contos axúdannos a evadirnos, e reláxannos en situacións tan complicadas como esta! 

Recórdovos que kalandraka TV  conta con contacontos. 

Ademais na rede, por estas circunstancias, tamén hai algúns autores que colgaron en aberto algúns dos seus contos infantís, como é o caso de Olga de Dios que tamén ten en aberto neste enlace o conto da Rá de tres ollos en galego.

Aproveito para comentarvos que na marxe dereita tedes os enlaces aos blogues de especialistas do centro e da páxina aulasgalegas na que atoparedes un montón de recursos. 

Espero que pasedes un bo día, mañá comparto algunha proposta artística para a fin de semana. 
Ánimo e nós podemos con isto! Moitos bicos

martes, 21 de abril de 2020

VAI DE LETRAS!

Ola olaa!
Como imos? Como van eses ánimos?
Hoxe fágovos unha nova proposta relacionada coas letras, que vos parece? Como sempre recordade que estas son propostas libres e voluntarias segundo as características e situación de cada familia. 
Para comezar,  xogamos co nome??


E con este utensilio tan fácil de facer tamén podemos esconder mensaxes, aquí vai a miña!!

Tamén se pode aproveitar para facer puzzles, tomando cada anaco coma unha peza e poñendo unha parte dun debuxo en cada unha delas, deixade voar a creatividade!! 

Por outra banda, xa sabedes que este curso traballamos a sabana, os nenos e nenas estiveron moi motivados/as e encantáballes. Comparto con vós unhas tarxetas de vocabulario e debaixo propostas de actividades con elas. 




Lembrade que o importante é que recoñezan o son de cada letra, non tanto a grafía neste nivel educativo. Sen presións e sempre a través do xogo!

Tamén podedes probar a representar as letras en recipientes planos con arroz, fariña, sal....

XOGADE MOITO E PASÁDEO MOI BEN!

luns, 20 de abril de 2020

CAIXA CONTO ÁGUEDA

ÁGUEDA e a súa familia tamén se animaron a facer unha caixa conto. Fixerono do conto que tanto nos gusta "CORRE CORRE CABACIÑA" e que todos/as nós coñecemos. Aquí comparto con vós algunha das imaxes do conto e aproveito para compartir tamén a canción que poñemos algunhas veces na clase e nos encanta!!


UN BICO MOI GRANDE PARA TODOS/AS!



venres, 17 de abril de 2020

LÓXICA MATEMÁTICAS

Ola familias! E sobre todo ola nenas e nenos!!

Hoxe fágovos unhas novas propostas, desta volta relacionadas coa lóxica e coas matemáticas, apetécevos?

Con estas propostas imos traballar as cores, a asociación número e cantidade, a concentración, motricidade fina e a creatividade.

Antes de nada, temos que preparar o material, aquí vos deixo a explicación. 
Unha vez listo o material comezamos coas propostas! 


Para a seguinte actividade déixovos aquí unhas tarxetas que vos poden axudar a reforzar estes conceptos: 
Continuamos coas seguintes actividades



E para rematar un xogo de mesa similar a un dos que máis vos gustaron no cole dos cubiletes!

Aquí, vos deixo os retos! Non fai falta imprimir, podedes ensinarllos no PC/tablet...
Espero que o pasedes ben facendo isto e sigades compartindo conmigo as vosas actividades, encántame vervos! Besiños e moito ánimo!!

xoves, 16 de abril de 2020

CAIXA CONTO OLIVIA E LOIS

Ola familias!
Hoxe comparto con vós outras dúas caixas-conto marabillosas. A e o artista desta vez foron Lois e Olivia.

LOIS creou un conto sobre "MOULI" no que conta a seguinte historia:




OLIVIA fixo un conto precioso coa súa familia "ALGODÓN DE AZUCRE MÁXICO", aquí volo comparto. 



 MARABILLOSOS OS DOUS CONTOS! 



martes, 14 de abril de 2020

CAIXA-CONTO PROFE E RUTINAS

Ola de novo! 
Hoxe comeza este raro 3º trimestre, e para comezar con forza nesta entrada deixovos varias cousiñas:

- A caixa conto que fixen con moito cariño.
- Unha proposta de receita relacionada co conto.
- Unhas rutinas de encargado/a.

Aquí vos deixo o vídeo da caixa conto do álbum ilustrado "Maruxa" da editorial OQO e escrito por Eva Mejuto e Mafalda Milhões. Espero que vos guste!!

Como vedes, Maruxa e Pepiño aprenden que é moito mellor facer as cousas xuntos, así que se vos apetece facer o pan coma eles e en familia, aquí vos deixo a miña receita!



E como polo momento, non vai ser posible volver a xuntarnos na nosa aula e sei que a todas as nenas e nenos vos encanta ser o/a encargad@, deixovos aquí un documento coas tarefas de encargado/a adaptadas ás circunstancias. 
Se non tedes posibilidade de imprimir podedes facelas de maneira libre sen problema! Se queredes o documento para imprimir non tedes máis que mandarme un email.



E para comezar o día como o facemos no cole, déixovos o enlace á canción que empregamos para "espertarnos" todas as mañás! Pincha aquí. (Canción de yogamusic empregada por María Carballo no vídeo)


Moito ánimo! E non deixedes de compartir os vosos traballos e actividades a través do email!

luns, 13 de abril de 2020

CAIXA CONTO ALICE

ALICE e familia fixeron a súa caixa conto co famoso relato de "OS TRES PORQUIÑOS". Estou encantada! Canta creatividade hai na miña claseeee! Aquí vos deixo as fotos do seu traballazo e coa especial colaboración de Izan, o seu irmán.





Moitas gracias por compartir isto con nós! Moito ánimo!!

venres, 10 de abril de 2020

CAIXAS CONTO JORGE E MAIRA

Ola de novo!

Comparto con vós, dúas novas caixas conto, esta vez da man de Jorge e de Maira! Que ben o fixeron e canto se esforzaron!!

JORGE e a súa familia representaron o conto de "La liebre y la tortuga". Aquí vos deixo as imaxes:

Como xa sabedes, a lebre e a tartaruga fixeron unha carreira, e a lebre pensando que ía gañar relaxouse e entretívose polo camiño...así que a tartaruga pasiño a pasiño e con paciencia... gañou a carreira!






MAIRA e familia inventaron o conto "A casa abandonada". Aquí vos deixo unhas imaxes e unha pequena transcrición do conto

Erase unha vez unha casa abandonada


Pasou por alí o elefante e decidiu quedarse a vivir


Foron chegando máis animais e uníronse á súa idea: a xirafa, o león, o lagarto, o can e unha enorme balea á que lle costruíron unha enorme piscina!




E así foi como deixou de estar abandonada aquela casa.
Moitísimas gracias polos traballazos nenos e nenas e por suposto familias, moito ánimo! 


mércores, 8 de abril de 2020

CAIXAS CONTO UXÍA E ALDARA

Ola familias! 
As caixas contos comezan a chegarme, que alegría vervos e que traballazo! Encantáronme! 
Teño moitas ganas de volver a xuntarnos todas e todos para poder compartir cos nenos/as os vídeos.

Aquí vos deixo os contos de Uxía e de Aldara transcritos e con algunha imaxe. Quedaron chulísimos!

UXÍA e a súa familia decidiron contar o conto da Eiruga comechona. Aquí vos deixo un anaco con imaxes:

Había unha vez un ovo                                                                        E dese ovo naceu unha eiruga 












A eiruga tiña moita fame e comeu unha mazá, e despois aínda se comeu 1 e 2 peras, amorodos (e un montón de comida máis)
Despois de comer tanto, á eiruga doíalle a barriga e para que lle pasara comeu unha folla verde.

Despois diso sentíase moito mellor, pero tiña moito sono así que fíxose unha casiña
E durmiu, e durmiu, e durmiu e cando espertou convertérase nunha MARIPOSA!

FIN


ALDARA e familia, decidiron inventar un fermoso conto titulado Unicornio está de cumple! Encantoume!






Moi bo traballo nenas! Gustáronme moito! Lémonos na seguinte!

xoves, 2 de abril de 2020

BENVIDA

Ola familias, ao ver que esta situación vai para largo, decidín abrir este blog para facervos chegar pequenas propostas a vós e sobre todo aos nenos e nenas da miña clase, e ao mesmo tempo compartir actividades que fixemos na clase. 
Para comezar esta aventura "blogueira" comparto con vós un vídeo para contarvos un conto! 

Como xa vistedes, o conto é "A que sabe a Lúa" da editorial Kalandraka de Michael Grejniec
Gustouvos? Se vos atrevedes co reto da caixa-conto aquí vos deixo varios links ao blog dos nenos e nenas do cole de Meira que fixeron uns cantos, explorade e a crear!

Tamén vos deixo o vídeo da canción do conto que ás nenas e nenos encántalles! 

   


E para despedirme, se tedes gañas de máis contos, non deixedes de visitar a páxina de Kalandraka de "Contos contados
Ata a próxima!