venres, 10 de decembro de 2021

Propostas fin de semana

 Ola familias, déixovos a continuación as propostas desta fin de semana:


Déixovos algunha proposta de conto que hai en youtube, pero non dubidedes en inventar!








Un biquiño moi grande!


sábado, 4 de decembro de 2021

CHEGOU O NADAL

  Ola familias, aínda que quixeramos alargalo máis tempo, inevitablemente o Nadal chegou ás nosas vidas, como o curso pasado á nosa clase chegou en forma de calendario. Aquí están as propostas para esta fin de semana longa (ata xoves temos descanso!). Como sempre, son propostas, nada obligatorio, pero se vos animades a facelas, non dubidedes en compartir fotos conmigo a través do correo!

Aquí vos comparto un par de cortos relacionado co Nadal para ver na casa, por se non tedes ningunha película navideña á man. Tamén podedes buscar a publicación do curso pasado e volver a ver os do ano pasado. Saudios.



Déixovos tamén as propostas para os demais días. 



Boa ponte familias!

mércores, 17 de novembro de 2021

AQUI SEGUIMOS!

 Ola familias! 

Máis vale tarde que nunca, así que comezo a compartir cousiñas que levamos facendo. A verdade é que traballamos un montón, pero pasámolo tan ben, incluso a profe, que non nos acordamos de facer foto nin de compartir as experiencias, tedes que disculparme!

Como recompensa comparto con vós varias fotos de actividades que fomos facendo ao longo destes meses, e traterei de compartir, daquí para adiante, máis actividades.

Comezamos o curso tratando de resolver unha serie de retos, que a verdade, fixemos moi ben. Polo momento levamos 2:

1. Tiñamos os zapatos colocados nunha dirección e tivemos que ir saltando ao lado deles e poñéndonos na mesma dirección. Cabe destacar que ao comezo custóulles un pouco entender o mecanismos e fixarse nas direccións, pero a partir do terceiro intento xa foron rodados.

2. O segundo reto era de concentración e de traballo de coordinación óculo-manual. Tratouse de elixir un dos vasiños que se ven na imaxe e de enchelos de auga. Pero...coidado! Só podíamos chegar ata onde estivera a goma, iso fixo que nos resultara bastante complicado.





Debido a que nos centramos noutras actividades, deixamos algo de lado os retos pero...seguro que en breve aparecen máis!

Antes de que nos cambiaran as ventás, tíñamolas super decoradas! Ao menos unha delas, e outra quedou en construción. A primeira delas foi adicada a Kandinski, de quen representamos a súa obra "Círculos en círculo".

Ademais seguimos co grafismo creativo, de feito temos novos bolígrafos para facelo, melloraron un montón e isto axúdaos á psicomotricidade fina e á caligrafía. 
             

Traballamos o outono, sei que a mensaxe chegou a moitas casas de que podían traer elementos relacionados con esta estación. Unha das actividades que fixemos foi: observalos, falar deles, clasificalos e facer unha mandala outoñal. Ademais, despois saqueille unha foto e está no noso recuncho de plástica, no que teñen como tarefa representar a mandala á súa maneira claro, aquí vos deixo un exemplo. 


   

Estamos de cheo co Universo, pero iso déixoo para outra entrada. Espero que valoredes todo o que avanzan tanto como o valoro eu. Este curso está sendo máxico e, para que mentir, algo triste tamén. 

Saudiños!


xoves, 1 de xullo de 2021

FIN DE CURSO

 Despois de tanto tempo sen pasarme por aquí (pido disculpas, para o curso espero ser máis constante), pásome para despedirme deste curso tan raro e complicado pero ao mesmo tempo tan marabilloso e con tanta aprendizaxe tanto académico como emocionalmente. Foi un pracer compartilo cos nenos e nenas e tamén coas familias. 


Para despedirme comparto con vós o vídeo do conto tan marabilloso que fixemos entre todas e todos na clase 



Ademais, algunhas familias consultástesme se podía compartir algunhas actividades para os peques este verán. A principal tarefa será XOGAR E PASALO BEN, e por se queredes ideas de propostas para o día a día comparto con vós un calendario no que tedes unha proposta para cada día.


BO VERÁN FAMILIAS!




domingo, 31 de xaneiro de 2021

IMOS AVANZANDO

 Ola familias, xa fai tempo que non me paso por aquí para compartir con vós as actividades que imos facendo, pero estamos traballando un montón!


Este pasado mes, pasamos moito frío e acordámonos daqueles papeis que tiñamos cortados para unha actividade o curso pasado e unha foto de cando tiñamos 3 anos e encantóunos facer o noso COLLAGE DE INVERNO, aquí vos deixo unhas mostras!

                   



Seguimos enganchados ao GRAFISMO CREATIVO e desta volta fixemos unhas manoplas que nos quedaron chulísimas e que compartirei en breves con vós!

Tamén afondamos no uso das REGLETAS e comezamos a coñecer o que eran os muros que nos axudan a descompoñer números e isto á súa vez a sumar e ao cálculo mental.
E seguimos co proxecto do corpo, antes de comezar co aparato circulatorio fixemos un OBRADOIRO DE OLFACTO. Ulimos diferentes elementos, decidimos se nos ulía mal ou ben e ademais descubrimos que a auga non ule e que non podemos decidir se nos gusta ou non.


Por certo, na marxe do blog engadín un enlace ao instagram que teño educativo onde cada semana comparto algunhas das actividades que facemos por se queredes visitalo! 

Un bico familias! 






domingo, 17 de xaneiro de 2021

NOVO TRIMESTRE, NOVAS ACTIVIDADES

Ola de novo familias! 

Na chegada á clase atopámonos cunha grata sorpresa! Resulta que o Apalpador pasou por alí e nela nos deixou un montón de agasallos acompañados dunha carta. O mellor é que nos trouxo moitas cousas das que lle pediramos! 


                                                                                                                                                



Ademais esta semana comezamos unha nova proposta que eles mesmos pediran no trimestre pasado: Crear o noso propio conto de "Por cuatro esquinitas de nada", para iso:

1. Contamos o conto











2. Analizamos as partes de corpo e anotámolas axudándonos da fonética.





















E esta semana seguiremos traballando no conto que nos ten moi motivadas e motivados!