sábado, 24 de outubro de 2020

RADIOGRAFÍA DA NOSA MAN

 Ola familias, como xa sabedes estamos traballando o corpo humano. A verdade é que sen plantealo nin organizalo os nenos e nenas están a tope de motivados coa temática e cada día pasamos un bo rato falando de diferentes cousas que imos aprendendo. 

Polo momento estamos cos ósos, que nos fascinan! A mamá de Uxía estanos axudando moito, telemáticamente (unha pena que sexa así pero bueno). 

Mandounos un montón de material e un titorial para poder facer a radiografía da nosa man, así que levamos toda a semana traballando niso. 

Coa mesa de luz vimos a radiografía dunha man (e de moitas outras partes do corpo, gracias á mamá de Uxía).


Unha vez que vimos o titorial, anotamos todos os materiais que precisamos para a nosa radiografía. 




Como vedes respectamos o ritmo de cada neno e nena na escritura. Fixemos esta actividade en pequeno grupo, eu íalles decindo as palabras e eles/as escribían o grafema correspondente aos sons que escoitaban  e unha vez que remataban eu escribinlles coa mesma cor e por debaixo a palabra completa para que se fixaran en como é. Non a volven a escribir, simplemente nos fixamos e a dicimos en voz alta. 

É moi importante esta parte para traballar a conciencia fonolóxica que será a base esencial para a lectura e escritura posterior. Máis adiante colgarei un posto sobre este tema. 

Unha vez que xa temos a lista completa e xa sabemos que precisamos, puxémonos mans á obra e este foi o noso resultado!



Encantounos, e seguimos inmersos neste mundo do corpo humano. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario