mércores, 17 de novembro de 2021

AQUI SEGUIMOS!

 Ola familias! 

Máis vale tarde que nunca, así que comezo a compartir cousiñas que levamos facendo. A verdade é que traballamos un montón, pero pasámolo tan ben, incluso a profe, que non nos acordamos de facer foto nin de compartir as experiencias, tedes que disculparme!

Como recompensa comparto con vós varias fotos de actividades que fomos facendo ao longo destes meses, e traterei de compartir, daquí para adiante, máis actividades.

Comezamos o curso tratando de resolver unha serie de retos, que a verdade, fixemos moi ben. Polo momento levamos 2:

1. Tiñamos os zapatos colocados nunha dirección e tivemos que ir saltando ao lado deles e poñéndonos na mesma dirección. Cabe destacar que ao comezo custóulles un pouco entender o mecanismos e fixarse nas direccións, pero a partir do terceiro intento xa foron rodados.

2. O segundo reto era de concentración e de traballo de coordinación óculo-manual. Tratouse de elixir un dos vasiños que se ven na imaxe e de enchelos de auga. Pero...coidado! Só podíamos chegar ata onde estivera a goma, iso fixo que nos resultara bastante complicado.





Debido a que nos centramos noutras actividades, deixamos algo de lado os retos pero...seguro que en breve aparecen máis!

Antes de que nos cambiaran as ventás, tíñamolas super decoradas! Ao menos unha delas, e outra quedou en construción. A primeira delas foi adicada a Kandinski, de quen representamos a súa obra "Círculos en círculo".

Ademais seguimos co grafismo creativo, de feito temos novos bolígrafos para facelo, melloraron un montón e isto axúdaos á psicomotricidade fina e á caligrafía. 
             

Traballamos o outono, sei que a mensaxe chegou a moitas casas de que podían traer elementos relacionados con esta estación. Unha das actividades que fixemos foi: observalos, falar deles, clasificalos e facer unha mandala outoñal. Ademais, despois saqueille unha foto e está no noso recuncho de plástica, no que teñen como tarefa representar a mandala á súa maneira claro, aquí vos deixo un exemplo. 


   

Estamos de cheo co Universo, pero iso déixoo para outra entrada. Espero que valoredes todo o que avanzan tanto como o valoro eu. Este curso está sendo máxico e, para que mentir, algo triste tamén. 

Saudiños!


Ningún comentario:

Publicar un comentario