domingo, 1 de novembro de 2020

SCAPE ROOM DE SAMAÍN

 Ola familias! Como moitas de vós xa saberedes, esta semana estivemos inmers@s no Samaín. 

O luns, ao chegar ao cole tivemos un vídeo un tanto estrano dun tal "Cerebro Carmelo" (que fixen coa axuda da app Toppy) e que nos dicía que nos traía unha sorpresa, era un pedazo regalo que gardou cun candado para non perder os paquetes; pero con tanta información gardada esqueceuse dos números, así que para conseguilos tivemos que superar 4 probas cada un de nós!

Fomos facéndoas cada día, no recuncho que nos tocaba.

No recuncho sensorial e de lectoescritura tiñamos que rescatar as letras da mesa sensorial de Samaín e ordealas correctamente para formar palabras de outono.


No recuncho simbólico e de lóxica, coa axuda dunhas pantasmas feitas con vasos de desfeito tiñamos que encestar, ao menos, 4 pompóns.

No recuncho de plástica, tiñamos que axudarlle á araña a refacer a súa tea con diferentes cores, e despois podiamos decorala pintándoa ou con grafismos.


En finalmente, no recuncho de construcións, tiñamos que resolver o labirinto, axudándolle á bruxa a chegar á súa escoba. Na segunda parte deste reto tiñamos que formar o noso propio labirinto, fixemos creacións marabillosas! 


E como xa sospeitaríades, fomos capaces de superar todas as probas perfectamente! Así que o venres, despois do desfile de rigor de Samaín, tratamos de descifrar o código do candado, e en canto o puidemos desbloquear, abrimos todos os paquetes! Encantáronnos!!

Despois de escoitar con atención o conto de Carabuñas, un dos nosos preferidos, fixemos en dous grupos un par de puzzles. Son enormes, tan grandes como algúns de nós! E despois do recreo, apagamos as luces e vimos que o esqueleto brilla na escuridade, e así ás escuras, fomos recordando e sinalando todo o que aprendimos do sistema óseo. 

BO SAMAÍN!


sábado, 24 de outubro de 2020

RADIOGRAFÍA DA NOSA MAN

 Ola familias, como xa sabedes estamos traballando o corpo humano. A verdade é que sen plantealo nin organizalo os nenos e nenas están a tope de motivados coa temática e cada día pasamos un bo rato falando de diferentes cousas que imos aprendendo. 

Polo momento estamos cos ósos, que nos fascinan! A mamá de Uxía estanos axudando moito, telemáticamente (unha pena que sexa así pero bueno). 

Mandounos un montón de material e un titorial para poder facer a radiografía da nosa man, así que levamos toda a semana traballando niso. 

Coa mesa de luz vimos a radiografía dunha man (e de moitas outras partes do corpo, gracias á mamá de Uxía).


Unha vez que vimos o titorial, anotamos todos os materiais que precisamos para a nosa radiografía. 




Como vedes respectamos o ritmo de cada neno e nena na escritura. Fixemos esta actividade en pequeno grupo, eu íalles decindo as palabras e eles/as escribían o grafema correspondente aos sons que escoitaban  e unha vez que remataban eu escribinlles coa mesma cor e por debaixo a palabra completa para que se fixaran en como é. Non a volven a escribir, simplemente nos fixamos e a dicimos en voz alta. 

É moi importante esta parte para traballar a conciencia fonolóxica que será a base esencial para a lectura e escritura posterior. Máis adiante colgarei un posto sobre este tema. 

Unha vez que xa temos a lista completa e xa sabemos que precisamos, puxémonos mans á obra e este foi o noso resultado!



Encantounos, e seguimos inmersos neste mundo do corpo humano. 

mércores, 21 de outubro de 2020

FLORA EN LA ARENA DE PAUL KLEE

 Ola familias! 

Como xa sabedes encántannos os cadros, xa o curso pasado comezamos a traballar algúns deles, e este curso imos polo mesmo camiño. 

Comezamos co cadro "Flora en la arena" de Paul Klee 

"Flora en la arena" de Paul Klee, extraída de https://es.wahooart.com/@@/8LT44R-Paul-Klee-flora-on-arena


Nun primeiro momento, observamos o cadro en gran grupo e comentamos o que vemos. Neste caso pouco tempo fixo falta para que comezaran a falar de cadrados e rectángulos e de cores moi diferentes. 

Para reinterpretalo recortamos cadrados e rectángulos de diferentes cores e con diferentes materiais.




Por equipos fomos pegándoos nunha cartolina que logo poñeriamos nunha máis grande para formar a reinterpretación do noso cadro.



Penso que nos quedou chulísimo. Despois dunha votación gañou o nome de ARCOIRIS, agora só nos queda escribilo!

Biquiños!

xoves, 8 de outubro de 2020

NA CLASE COMO NA CASA

Na nosa clase, o curso pasado tiñamos un problema. Encántanos xogar e manipular no chan, pero cada vez que viñamos do patio era imposible pola cantidade de terra e de area que xuntabamos.

Así que este ano atopamos a solución!

Agora, cada vez que chegamos pola mañá e despois do recreo poñemos as zapatillas ou zocos (temos debate de como chamarlles). Estamos comodísimos e comodísimas e ademais practicamos a autonomía 😍 E por suposto, isto non sería posible sin a colaboración das familias que se adaptaron perfectamente ás peticións. 

                             

Que vos parece??

mércores, 23 de setembro de 2020

COMEZAMOS!

 Ola de novo familias!

Por fin tiven o reencontro tan esperado cos nenos e nenas, aínda que foi algo raro ao comezo, teño que dicir que pouco a pouco imos xa adaptándonos de novo a esta nova rutina.

Antes de nada teño que dar a NORABOA, porque os peques estano facendo xenial! Cumplen as normas sen rechistar, aguantan a mascarilla sen problema e disfrutan con cada pequena cousa que se lles propón na aula, a pesares de estar aínda aterrizando nesta nova realidade. 

Esta semana xa comezamos a traballar, xogamos nos recunchos, puxemos nomes aos nosos equipos...

Unha das primeiras actividades que fixemos en conxunto a semana pasada foi buscar unha letra do noso nome, seguindo os seguintes pasos:

  1. Escribía o nome do neno ou nena e entre todos identificamos de quen era.
  2. Rodeei unha das letras do nome, dicíamos en alto o son da mesma e buscamos palabras que comecen por esa letra.
  3. Escribíalles varias letras diferentes por debaixo e eles tiñan que atopar a mesma que tiñan rodeada no seu nome. 
Aquí vos deixo unhas fotos do seu traballo, fixérono xenial! 

















Tal e como prometín, a próxima semana espero poder compartir con vós como nos está quedando a aula reorganizada, pois aínda estamos acabando de ordear todo e tela lista para as necesidades da emerxencia sanitaria, e adaptada tamén ás nosas necesidades. 

Un bico!

venres, 19 de xuño de 2020

FIN DE CURSO!

Ola familias, ola nenos e nenas! Pois hoxe rematamos o curso, este raro curso. Esta despedida estaría chea de bicos e apertas, de alegría e de emoción, pero o bichiño do coronavirus non nos deixou facelo. Así que para rematar o curso dunha maneira divertida, propóñovos que fagades unha XINCANA DE AUGA! Como? Pois aquí cos deixo as probas que se me ocorreron, algunhas delas xa as coñecedes, pero podedes engadir e modificar as que queirades!! 







E para este verán un tanto raro tamén, quero compartir con vós unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS, para os nenos e nenas e tamén para as familias!


Non vos esquezades de xogar moito: por fóra, por dentro, con puzles, construcións, debuxar....e de colaborar nas tarefas da casa!
Soamente me queda desexarvos un BO VERÁN E ESPEROVOS EN SETEMBRO CON MOITAS GAÑAS DE APRENDER E XOGAR!


martes, 16 de xuño de 2020

PREPARAMOS UNHA FESTA!

Ola de novo! Este curso está chegando á súa fin, que gañas de comezar o próximo todos e todas xuntas!

Para esta última semana, comparto con vós un último XOGO DE ATENCIÓN, que seguro dades resolto con gran facilidade!!



E para rematar, este xoves, na última videochamada imos PREPARAR UNHA FESTA!! Como? Pois aquí vos deixo o que precisades! Será algo diferente, pero seguro que o pasamos moi ben!

ATA O XOVES!

venres, 12 de xuño de 2020

A COCIÑAR!

Ola de novo, este raro curso está chegando ao seu fin! Hoxe comparto con vós dous enlaces a dous contos que lles encanta! Pincha neles e accededes:



E como xa sei que vos encanta cociñar, deixovos unha receita super sinxela

E para rematar, Marco fixo estas imaxes para que identifiquedes todas as diferenzas, sodes capaces?



ÁNIMO!



martes, 9 de xuño de 2020

CREA E MÓVETE!

Ola de novo nenos e nenas! Como imos? Que sensación tan rara este final de curso verdade? Estamos case rematando...
Para estes días nos que xa estamos volvendo á nova normalidade comparto con vós dúas propostas para facer ao aire libre, aínda que tamén se poden adaptar para facelo no interior. Son moi sinxeliñas!

A primeira delas trátase de compoñer O TEU NOME con elementos da natureza! Eu xa fíxen o meu, a ver se vos gustaa!


Se poñer o voso nome xa vos parece moi sinxelo podedes intentar facer outra palabra, ou un debuxo para compartir cos compañeiros e compañeiras! 

A outra actividade está relacionada co MOVEMENTO, atrevédesvos a facer este reto?


Aproveito para comentarvos que revisedes a aplicación Abalar, pois mandei unha mensaxe para a organización da recollida de material. 
MOITO ÁNIMO! BÓTOVOS DE MENOS!

venres, 5 de xuño de 2020

BUSCA AS DIFERENZAS E MEDIO AMBIENTE

Ola de novo! 
Para rematar a semana comparto con vós dúas pequenas propostas moi faciliñas de levar a cabo.
A primeira delas é para traballar a atención dos nenos e nenas e podedes facela directamente no ordenador, falando cos nenos e nenas. Se na anterior entrada tiñamos que buscar o intruso...hoxe temos que BUSCAR AS DIFERENZAS, seredes capaces? En cada exemplo é máis complicado, atentos/as!





E ademais, fixen un dos exercicios empregando elementos da casa
Agora que seguro xa as atopástedes todas, que vos parece se propoñedes vós dúas imaxes semellantes nas que haxa que buscar as diferenzas? Eu colgareinas no blog e entre todos/as buscamos as diferenzas! 

E para rematar....Hoxe celébrase o DÍA DO MEDIO AMBIENTE. Xa sabedes que é moi importante coidar o noso planeta, e unha das medidas que podemos tomar no noso día a día é reutilizar e reciclar os obxectos das nosas casas...que vos parece se os reutilizamos para facer esculturas? Aquí vos poño algún exemplo:

Estou desexando ver as vosas! Ánimo!

martes, 2 de xuño de 2020

INTRUSO E CARREIRA DE ESPONXAS

Ola de novo familias, como imos?
Hoxe comparto con vós dúas propostas moi sinxeliñas e refrescantes!

A primeira delas é unha actividade na que os nenos e nenas terán que BUSCAR O INTRUSO. Nas seguintes agrupacións deben sinalar cal non encaixa e, o máis importante, dicir e argumentar por que. Esta segunda parte é esencial, pois é o obxectivo da actividade, que sexan capaces de argumentar e de explicar a súa elección, non tanto "acertar". Aquí tedes uns exemplos que podedes facer directamente no ordenador, e se vos gusta a idea pois podedes facer máis e cada vez máis complexos!







E para xogar un pouco...que vos parece facer unha CARREIRA DE ESPONXAS? Retade aos vosos familiares!
Espero que sigades todos e todas ben! Ánimo!