mércores, 23 de setembro de 2020

COMEZAMOS!

 Ola de novo familias!

Por fin tiven o reencontro tan esperado cos nenos e nenas, aínda que foi algo raro ao comezo, teño que dicir que pouco a pouco imos xa adaptándonos de novo a esta nova rutina.

Antes de nada teño que dar a NORABOA, porque os peques estano facendo xenial! Cumplen as normas sen rechistar, aguantan a mascarilla sen problema e disfrutan con cada pequena cousa que se lles propón na aula, a pesares de estar aínda aterrizando nesta nova realidade. 

Esta semana xa comezamos a traballar, xogamos nos recunchos, puxemos nomes aos nosos equipos...

Unha das primeiras actividades que fixemos en conxunto a semana pasada foi buscar unha letra do noso nome, seguindo os seguintes pasos:

  1. Escribía o nome do neno ou nena e entre todos identificamos de quen era.
  2. Rodeei unha das letras do nome, dicíamos en alto o son da mesma e buscamos palabras que comecen por esa letra.
  3. Escribíalles varias letras diferentes por debaixo e eles tiñan que atopar a mesma que tiñan rodeada no seu nome. 
Aquí vos deixo unhas fotos do seu traballo, fixérono xenial! 

















Tal e como prometín, a próxima semana espero poder compartir con vós como nos está quedando a aula reorganizada, pois aínda estamos acabando de ordear todo e tela lista para as necesidades da emerxencia sanitaria, e adaptada tamén ás nosas necesidades. 

Un bico!

venres, 19 de xuño de 2020

FIN DE CURSO!

Ola familias, ola nenos e nenas! Pois hoxe rematamos o curso, este raro curso. Esta despedida estaría chea de bicos e apertas, de alegría e de emoción, pero o bichiño do coronavirus non nos deixou facelo. Así que para rematar o curso dunha maneira divertida, propóñovos que fagades unha XINCANA DE AUGA! Como? Pois aquí cos deixo as probas que se me ocorreron, algunhas delas xa as coñecedes, pero podedes engadir e modificar as que queirades!! 







E para este verán un tanto raro tamén, quero compartir con vós unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS, para os nenos e nenas e tamén para as familias!


Non vos esquezades de xogar moito: por fóra, por dentro, con puzles, construcións, debuxar....e de colaborar nas tarefas da casa!
Soamente me queda desexarvos un BO VERÁN E ESPEROVOS EN SETEMBRO CON MOITAS GAÑAS DE APRENDER E XOGAR!


martes, 16 de xuño de 2020

PREPARAMOS UNHA FESTA!

Ola de novo! Este curso está chegando á súa fin, que gañas de comezar o próximo todos e todas xuntas!

Para esta última semana, comparto con vós un último XOGO DE ATENCIÓN, que seguro dades resolto con gran facilidade!!



E para rematar, este xoves, na última videochamada imos PREPARAR UNHA FESTA!! Como? Pois aquí vos deixo o que precisades! Será algo diferente, pero seguro que o pasamos moi ben!

ATA O XOVES!

venres, 12 de xuño de 2020

A COCIÑAR!

Ola de novo, este raro curso está chegando ao seu fin! Hoxe comparto con vós dous enlaces a dous contos que lles encanta! Pincha neles e accededes:



E como xa sei que vos encanta cociñar, deixovos unha receita super sinxela

E para rematar, Marco fixo estas imaxes para que identifiquedes todas as diferenzas, sodes capaces?



ÁNIMO!



martes, 9 de xuño de 2020

CREA E MÓVETE!

Ola de novo nenos e nenas! Como imos? Que sensación tan rara este final de curso verdade? Estamos case rematando...
Para estes días nos que xa estamos volvendo á nova normalidade comparto con vós dúas propostas para facer ao aire libre, aínda que tamén se poden adaptar para facelo no interior. Son moi sinxeliñas!

A primeira delas trátase de compoñer O TEU NOME con elementos da natureza! Eu xa fíxen o meu, a ver se vos gustaa!


Se poñer o voso nome xa vos parece moi sinxelo podedes intentar facer outra palabra, ou un debuxo para compartir cos compañeiros e compañeiras! 

A outra actividade está relacionada co MOVEMENTO, atrevédesvos a facer este reto?


Aproveito para comentarvos que revisedes a aplicación Abalar, pois mandei unha mensaxe para a organización da recollida de material. 
MOITO ÁNIMO! BÓTOVOS DE MENOS!

venres, 5 de xuño de 2020

BUSCA AS DIFERENZAS E MEDIO AMBIENTE

Ola de novo! 
Para rematar a semana comparto con vós dúas pequenas propostas moi faciliñas de levar a cabo.
A primeira delas é para traballar a atención dos nenos e nenas e podedes facela directamente no ordenador, falando cos nenos e nenas. Se na anterior entrada tiñamos que buscar o intruso...hoxe temos que BUSCAR AS DIFERENZAS, seredes capaces? En cada exemplo é máis complicado, atentos/as!





E ademais, fixen un dos exercicios empregando elementos da casa
Agora que seguro xa as atopástedes todas, que vos parece se propoñedes vós dúas imaxes semellantes nas que haxa que buscar as diferenzas? Eu colgareinas no blog e entre todos/as buscamos as diferenzas! 

E para rematar....Hoxe celébrase o DÍA DO MEDIO AMBIENTE. Xa sabedes que é moi importante coidar o noso planeta, e unha das medidas que podemos tomar no noso día a día é reutilizar e reciclar os obxectos das nosas casas...que vos parece se os reutilizamos para facer esculturas? Aquí vos poño algún exemplo:

Estou desexando ver as vosas! Ánimo!

martes, 2 de xuño de 2020

INTRUSO E CARREIRA DE ESPONXAS

Ola de novo familias, como imos?
Hoxe comparto con vós dúas propostas moi sinxeliñas e refrescantes!

A primeira delas é unha actividade na que os nenos e nenas terán que BUSCAR O INTRUSO. Nas seguintes agrupacións deben sinalar cal non encaixa e, o máis importante, dicir e argumentar por que. Esta segunda parte é esencial, pois é o obxectivo da actividade, que sexan capaces de argumentar e de explicar a súa elección, non tanto "acertar". Aquí tedes uns exemplos que podedes facer directamente no ordenador, e se vos gusta a idea pois podedes facer máis e cada vez máis complexos!







E para xogar un pouco...que vos parece facer unha CARREIRA DE ESPONXAS? Retade aos vosos familiares!
Espero que sigades todos e todas ben! Ánimo!

venres, 29 de maio de 2020

XOGAMOS CO XEO?

Ola de novo! 
Polo visto, as temperaturas do verán estanse adiantando un pouco...así que con esta calor...apetécevos EXPERIMENTAR CON XEO? Aqueí ves deixo unhas propostas!
A ver que tal vos quedan esas creacións!
E por outro lado, como sei que vos gusta cociñar, aquí vos deixo dúas RECEITAS de tortitas, unhas tradicionais e outras feitas con mazá e avea. A disfrutalas!


ESPERO QUE VOS GUSTEN!

martes, 26 de maio de 2020

XEOMETRÍA NAS NOSAS CASAS

Ola de novo!!
A proposta de hoxe está relacionada coas FORMAS e para iso temos que convertirnos en detectives! Preparados/as??? A xogar!






Gustouvos? A proposta de hoxe e breve pero moi enriquecedora! Espero ver as vosas creacións! 
Ánimo! 


venres, 22 de maio de 2020

PAXARO AMARELO E MÚSICA DE CORES

Ola de novo! 
Como cada venres traio novas propostas. Atentos/as!

Comezamos contando un conto, sei que moitos dos/as peques lles encanta verme contar contos, así que espero que disfruten un montón deste! É o conto de Paxaro Amarelo escrito por Olga de Dios e da editorial Apila. 

Deixovos tamén AQUÍ o enlace ao conto que a autora ten de maneira libre coa licencia Creative Comons para que poidan ver mellor as imaxes do conto (neste caso en castelán).

E agora...un par de propostas! 

Podes facer un vídeo explicando o invento e mandarmo, e non te esquezas de mandarme unha foto do invento só para poder compartilo no blog! 

Outra actividade SUUUPER CHULA que nos comparte Laura, a mestra de música, é a seguinte: MÚSICA DE CORES, atrevédesvos?? Quero vervos tocar!



ESPERO AS VOSAS CREACIÓNS!

martes, 19 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS e DÍA DOS MUSEOS

Ola familias! Ola nenas e nenos! Que tal imos?
Como levamos facendo xa unha temporada, temos que celebrar as diferentes conmemoracións de maneira virtual. Non deixedes de visitar a páxina do CPI Os Dices para ver todo o traballo da semana cultural virtual, que traballazo!!

Como ben sabedes, este pasado domingo foi o día das LETRAS GALEGAS, este ano adicóuselle a Ricardo Carvalho Calero. Se queredes coñecélo, non tedes máis que ver o seguinte vídeo, realizado polo Colexio San Pío X de Ourense e compartido polo Seminario Galán.

Ademais, no noso cole, os nenos e nenas de secundaria adicáronlle un dos seus famosos telexornais, fai CLIC AQUÍ e non volo perdades!

Ben, pois Ricardo Carvalho Calero, dentro da súa numerosa obra tiña un conto para os máis pequenos, aquí volo deixo compartido, contado polas mestras e mestres do CEIP Vilaverde-Mourente. O conto titúlase "As pitas baixo a choiva" publicado por Edicións Embora e ilustrado por Alberto Toval.


E agora, que xa escoitástedes o conto, unhas preguntiñas de comprensión:

E...tamén vos propoño que tentedes facer o seu retrato. Poñede a voar a vosa creatividade e dádelle cor ás súas fotos, facede collages, con témperas, con flores, con alimentos....como queirades! Aquí vos deixo algunha das súas imaxes, tanto de novo como de máis maior, e se vos animades tamén vos deixo unha escultura que está en Santiago de Compostela por se queredes representala! (Podedes tentar facelo co voso corpo e sacarvos unha foto!) 

Ficheiro:Ricardo Carballo Calero na súa xuventude.jpg - Wikipedia ...                       Ricardo Carvalho Calero (1910 - 1990) (con imágenes)                         Ficheiro:2013. Ricardo Carballo Calero por José Molares. Santiago ...


E para rematar, un pouco de música como non podía ser doutro xeito para celebrar este día da nosas letras. Comparto con vós a canción "A Fala" por Uxía Senlle en colaboración coas Tanxugueiras e Faia, e a canción "O meu mundo é" de Paco Nogueiras recolllida no seu cd "Brinca Vai", a mover o esqueleto!



E como estamos de celebracións, comentarvos que onte foi o Día Internacional dos Museos e para conmemoralo, deixovos uns enlaces a continuación para facer unhas visitas virtuais a diferentes museos:
  • Se facedes clic na seguinte imaxe, iredes á páxina oficial dos museos de Galicia, de maneira máis específica a aqueles que teñen visitas virtuais. Persoalmente visitar o conxunto etnográfico de O Cebreiro para ver as pallozas por dentro é incrible. E se lle queredes ensinar aos máis peques como eran as escolas fai anos tamén tedes acceso ao museo pedagóxico de Galicia
Fotos gratis : en blanco y negro, fotografía, rueda, espiral ...
  • O Acuario de A Coruña non ten unha visita virtual, pero si ten imaxes panorámicas moi chulas, podedes visitalas no seguinte enlace (clic na imaxe)
Archivo:Peces en el Aquarium Finisterrae.jpg - Wikipedia, la ...
  • E se vos apetece xogar un pouco, podedes facelo buscando personaxes no Museo del Prado, (clic na imaxe)
Archivo:Museo del Prado 2016 (25185969599).jpg - Wikipedia, la ...
  • E para rematar, aínda que non é un museo en si mesmo, xa que estamos traballando a sabana e nos gustan tanto os animais comparto con vós o enlace dunha visita virtual a Cabárceno(clic na imaxe).
Archivo:Parque de Cabarceno.jpg - Wikipedia, la enciclopedia libre

ESPERO QUE O PASEDES MOI BEN, E XA ME CONTAREDES CALES FORON AS VOSAS VISITAS!