martes, 19 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS e DÍA DOS MUSEOS

Ola familias! Ola nenas e nenos! Que tal imos?
Como levamos facendo xa unha temporada, temos que celebrar as diferentes conmemoracións de maneira virtual. Non deixedes de visitar a páxina do CPI Os Dices para ver todo o traballo da semana cultural virtual, que traballazo!!

Como ben sabedes, este pasado domingo foi o día das LETRAS GALEGAS, este ano adicóuselle a Ricardo Carvalho Calero. Se queredes coñecélo, non tedes máis que ver o seguinte vídeo, realizado polo Colexio San Pío X de Ourense e compartido polo Seminario Galán.

Ademais, no noso cole, os nenos e nenas de secundaria adicáronlle un dos seus famosos telexornais, fai CLIC AQUÍ e non volo perdades!

Ben, pois Ricardo Carvalho Calero, dentro da súa numerosa obra tiña un conto para os máis pequenos, aquí volo deixo compartido, contado polas mestras e mestres do CEIP Vilaverde-Mourente. O conto titúlase "As pitas baixo a choiva" publicado por Edicións Embora e ilustrado por Alberto Toval.


E agora, que xa escoitástedes o conto, unhas preguntiñas de comprensión:

E...tamén vos propoño que tentedes facer o seu retrato. Poñede a voar a vosa creatividade e dádelle cor ás súas fotos, facede collages, con témperas, con flores, con alimentos....como queirades! Aquí vos deixo algunha das súas imaxes, tanto de novo como de máis maior, e se vos animades tamén vos deixo unha escultura que está en Santiago de Compostela por se queredes representala! (Podedes tentar facelo co voso corpo e sacarvos unha foto!) 

Ficheiro:Ricardo Carballo Calero na súa xuventude.jpg - Wikipedia ...                       Ricardo Carvalho Calero (1910 - 1990) (con imágenes)                         Ficheiro:2013. Ricardo Carballo Calero por José Molares. Santiago ...


E para rematar, un pouco de música como non podía ser doutro xeito para celebrar este día da nosas letras. Comparto con vós a canción "A Fala" por Uxía Senlle en colaboración coas Tanxugueiras e Faia, e a canción "O meu mundo é" de Paco Nogueiras recolllida no seu cd "Brinca Vai", a mover o esqueleto!



E como estamos de celebracións, comentarvos que onte foi o Día Internacional dos Museos e para conmemoralo, deixovos uns enlaces a continuación para facer unhas visitas virtuais a diferentes museos:
  • Se facedes clic na seguinte imaxe, iredes á páxina oficial dos museos de Galicia, de maneira máis específica a aqueles que teñen visitas virtuais. Persoalmente visitar o conxunto etnográfico de O Cebreiro para ver as pallozas por dentro é incrible. E se lle queredes ensinar aos máis peques como eran as escolas fai anos tamén tedes acceso ao museo pedagóxico de Galicia
Fotos gratis : en blanco y negro, fotografía, rueda, espiral ...
  • O Acuario de A Coruña non ten unha visita virtual, pero si ten imaxes panorámicas moi chulas, podedes visitalas no seguinte enlace (clic na imaxe)
Archivo:Peces en el Aquarium Finisterrae.jpg - Wikipedia, la ...
  • E se vos apetece xogar un pouco, podedes facelo buscando personaxes no Museo del Prado, (clic na imaxe)
Archivo:Museo del Prado 2016 (25185969599).jpg - Wikipedia, la ...
  • E para rematar, aínda que non é un museo en si mesmo, xa que estamos traballando a sabana e nos gustan tanto os animais comparto con vós o enlace dunha visita virtual a Cabárceno(clic na imaxe).
Archivo:Parque de Cabarceno.jpg - Wikipedia, la enciclopedia libre

ESPERO QUE O PASEDES MOI BEN, E XA ME CONTAREDES CALES FORON AS VOSAS VISITAS!



Ningún comentario:

Publicar un comentario