Despois de tanto tempo sen pasarme por aquí (pido disculpas, para o curso espero ser máis constante), pásome para despedirme deste curso tan raro e complicado pero ao mesmo tempo tan marabilloso e con tanta aprendizaxe tanto académico como emocionalmente. Foi un pracer compartilo cos nenos e nenas e tamén coas familias.
Para despedirme comparto con vós o vídeo do conto tan marabilloso que fixemos entre todas e todos na clase
Ademais, algunhas familias consultástesme se podía compartir algunhas actividades para os peques este verán. A principal tarefa será XOGAR E PASALO BEN, e por se queredes ideas de propostas para o día a día comparto con vós un calendario no que tedes unha proposta para cada día.
Ola familias, xa fai tempo que non me paso por aquí para compartir con vós as actividades que imos facendo, pero estamos traballando un montón!
Este pasado mes, pasamos moito frío e acordámonos daqueles papeis que tiñamos cortados para unha actividade o curso pasado e unha foto de cando tiñamos 3 anos e encantóunos facer o noso COLLAGE DE INVERNO, aquí vos deixo unhas mostras!
Seguimos enganchados ao GRAFISMO CREATIVO e desta volta fixemos unhas manoplas que nos quedaron chulísimas e que compartirei en breves con vós!
Tamén afondamos no uso das REGLETAS e comezamos a coñecer o que eran os muros que nos axudan a descompoñer números e isto á súa vez a sumar e ao cálculo mental.
E seguimos co proxecto do corpo, antes de comezar co aparato circulatorio fixemos un OBRADOIRO DE OLFACTO. Ulimos diferentes elementos, decidimos se nos ulía mal ou ben e ademais descubrimos que a auga non ule e que non podemos decidir se nos gusta ou non.
Por certo, na marxe do blog engadín un enlace ao instagram que teño educativo onde cada semana comparto algunhas das actividades que facemos por se queredes visitalo!
Na chegada á clase atopámonos cunha grata sorpresa! Resulta que o Apalpador pasou por alí e nela nos deixou un montón de agasallos acompañados dunha carta. O mellor é que nos trouxo moitas cousas das que lle pediramos!
Ademais esta semana comezamos unha nova proposta que eles mesmos pediran no trimestre pasado: Crear o noso propio conto de "Por cuatro esquinitas de nada", para iso:
1. Contamos o conto
2. Analizamos as partes de corpo e anotámolas axudándonos da fonética.
E esta semana seguiremos traballando no conto que nos ten moi motivadas e motivados!
O curso comezou con incertidumbre e preocupacións, pero de novo a maxia dos máis pequenos e pequenas fixo que todo saíra ben e ademais valoraramos certas cousas que antes non lle dábamos demasiada importancia!
Paso por aquí para desexarvos boas e saudables festas!
Algunhas familias pregutastesme por recomendacións para facer cos nenos/as no Nadal, así que vos deixo por aquí algunha proposta lúdica para que fagades xunt@s.
Receita (nunca falla)
Despois de facer a receita, propóñovos varias actividades:
Debuxar os ingredientes e escribilos (sempre da maneira que eles saiban, non lles debemos dicir as letras senón que vaian escoitando os sons, e cando rematen a palabra, escribímoslla por debaixo para que se fixen, pero non a volven a corrixir, é un proceso madurativo que irán adquirindo).
Debuxar os pasos que seguimos para elaborar a receita. Para iso podemos axudarlles dividindo un folio en tantos cadros como pasos teña a receita (non teñen porque facer exactamente todos, podemos dividir en amasar, enfriar, estirar a masa, facer moldes, e o forno).
Despois, podemos recortar eses cadros, desordenalos e que despois o teñan que ordenar seguindo os pasos da receita e explicando cada paso. Traballo da secuencia temporal.
Xogos de atención
Para traballar a atención, podemos xogar a un montón de cousas, aquí propóñovos:
Xogar ao tradicional xogo "Veo veo", no que traballan descricións e atención aos detalles que nos rodean.
Podemos crear o noso propio Memory. Poñédevos de acordo en cantas parellas queredes facer para o xogo e que elementos queredes que aparezan, pode ser navideño, do inverno, de animais, do corpo...Unha vez decidido facede as tarxetas recortando anacos de papel ou cartolina. Despois, @ nen@ pode debuxar unha das parellas e outr@ membr@ da familia o outro debuxo da parella e listo, a XOGAR!
Variable memory: no lugar de facer dous debuxos, podedes poñerlle a palabra e que teñan que buscar a parella (palabra-debuxo) axudándose dos sons da letra inicial sobre todo.
Na clase contamos con varios xogos comerciais de atención, compártoos por aquí por se aínda tedes a carta do Apalpador/Papa Noel ou os Reis Magos sen escribir.
Relaxación
Xa sabedes que na nosa clase somos moi fans do ioga, estas semanas estivemos facendo un exercicio que nos gustou moito, seguindo as instrucións do seguinte vídeo (aínda que está en inglés @s nen@s siguen as posturas e fano moi ben). Acondicionade o momento, pouca luz, e tratade de facelo con el@s.
Xogar
Por último e o máis importante, xogade moito e deixade voar a creatividade dos pequenos/as: que constrúan, que creen, que destrocen, que volvan a crear, que corran, que saltan; en definitiva que sexan nenos e nenas e que xoguen moito, e se vos unides ao seu xogo será o triple de enriquecedor!
Pasade momentos de calidade que son os máis importantes e o que máis recordan os nenos e nenas.
Á volta do Nadal adican 2 segundos a compartir os regalos e moitos minutos a compartir todas as cousas que fixeron coa familia, e iso é co que nos debemos quedar.
Non me queda máis que agradecervos de novo o apoio nestes meses para superar a incertidumbre que vivimos, vémonos á volta con máis enerxía e con moitas ganas de seguir aprendendo xuntas e xuntos!
Ola familias, hoxe abrimos os paquetiños do calendario correspondentes ao sábado, domingo, luns e martes. Aquí volos deixo!
E para este sábado de película aquí vos deixo unhas recomendacións de cortos que atopades en youtube, para as/os que non teñan á man ningunha película navideña!
Ola familias, despois dun par de semanas desaparecidas/os por aquí, comparto con vós todo o que traballamos, e sobre todo, canto estamos aprendendo e disfrutando deste curso, diferente e raro, pero aproveitando ao máximo cada momento!
GRÁFICA DO TEMPO
Fixemos a gráfica do tempo de outubro, nesta ocasión en gran grupo, por parellas ían saíndo e contando as pedriñas que previamente ordeamos, e coloreando o espazo correspondente. Aproveitamos para afianzar o conteo e relacionar a cantidade con grafía.
GRAFISMO CREATIVO
Nestas semanas adentrámonos no mundo do grafismo creativo, esencial como pre-requisito para a escritura e na que tamén traballamos a creatividade, a atención e a concentración.
Comezamos por un grafismo sinxeliño no que colocamos gomets e fixemos círculos de cores arredor deles.
Practicamos grafismos sobre unha cartolina na que coloreamos con acuarela previamente. Para facelo fixemos caso do que indicaba a ruleta que temos na aula. Este grafismo aproveitámolo para facer monstros de Samaín.
Fixemos grafismos a partir dos trazos que seguimos no chan. Cada equipo percorreu un trazo feito cunha corda: liña recta, liña curva aberta ou liña curva pechada. Ao finalizar a corda tiñan un encerado no que representaron o trazo. Finalmente repasamos entre todos, os trazos que fixemos e toda as posibilidades: horizontal, vertical, espirais... e nun folio branco e con rotuladores de cores elas e eles decidiron practicar os que querían, dando lugar a marabillosas obras creativas!
LÓXICA MATEMÁTICA
Fixemos varias actividades relacionadas coa lóxica matemática. Unha delas consistía en tirar os dados, contar canto saía en total, buscar a tarxeta do número correspondente e escribilo no encerado. Finalmente cada un no seu sitio, tiña que facer unha torre de centicubos coa cantidade correspondente.
Cando tiñamos varias torres fixemos comparacións: maior que, menor que, igual que, e se as xuntamos?
Ola de novo, a semana pasada foime imposible compartir actividades, queda pendente unha entrada para contarvos o que traballamos!
Hoxe comparto por aquí unha receita do biscoito de castaña. Este venres sería o Magosto no cole, e faríamos festa rachada tod@s xuntos...pero a pandemia de novo nolo impide. Aínda así, propoñemos que os nenos e nenas traian de merenda castañas: cocidas, asadas ou... EN BISCOITO!
Se vos animades a facelo, non esquezades mandarme fotos do proceso e resultado!
Ola familias! Como moitas de vós xa saberedes, esta semana estivemos inmers@s no Samaín.
O luns, ao chegar ao cole tivemos un vídeo un tanto estrano dun tal "Cerebro Carmelo" (que fixen coa axuda da app Toppy) e que nos dicía que nos traía unha sorpresa, era un pedazo regalo que gardou cun candado para non perder os paquetes; pero con tanta información gardada esqueceuse dos números, así que para conseguilos tivemos que superar 4 probas cada un de nós!
Fomos facéndoas cada día, no recuncho que nos tocaba.
No recuncho sensorial e de lectoescritura tiñamos que rescatar as letras da mesa sensorial de Samaín e ordealas correctamente para formar palabras de outono.
No recuncho simbólico e de lóxica, coa axuda dunhas pantasmas feitas con vasos de desfeito tiñamos que encestar, ao menos, 4 pompóns.
No recuncho de plástica, tiñamos que axudarlle á araña a refacer a súa tea con diferentes cores, e despois podiamos decorala pintándoa ou con grafismos.
En finalmente, no recuncho de construcións, tiñamos que resolver o labirinto, axudándolle á bruxa a chegar á súa escoba. Na segunda parte deste reto tiñamos que formar o noso propio labirinto, fixemos creacións marabillosas!
E como xa sospeitaríades, fomos capaces de superar todas as probas perfectamente! Así que o venres, despois do desfile de rigor de Samaín, tratamos de descifrar o código do candado, e en canto o puidemos desbloquear, abrimos todos os paquetes! Encantáronnos!!
Despois de escoitar con atención o conto de Carabuñas, un dos nosos preferidos, fixemos en dous grupos un par de puzzles. Son enormes, tan grandes como algúns de nós! E despois do recreo, apagamos as luces e vimos que o esqueleto brilla na escuridade, e así ás escuras, fomos recordando e sinalando todo o que aprendimos do sistema óseo.
Ola familias, como xa sabedes estamos traballando o corpo humano. A verdade é que sen plantealo nin organizalo os nenos e nenas están a tope de motivados coa temática e cada día pasamos un bo rato falando de diferentes cousas que imos aprendendo.
Polo momento estamos cos ósos, que nos fascinan! A mamá de Uxía estanos axudando moito, telemáticamente (unha pena que sexa así pero bueno).
Mandounos un montón de material e un titorial para poder facer a radiografía da nosa man, así que levamos toda a semana traballando niso.
Coa mesa de luz vimos a radiografía dunha man (e de moitas outras partes do corpo, gracias á mamá de Uxía).
Unha vez que vimos o titorial, anotamos todos os materiais que precisamos para a nosa radiografía.
Como vedes respectamos o ritmo de cada neno e nena na escritura. Fixemos esta actividade en pequeno grupo, eu íalles decindo as palabras e eles/as escribían o grafema correspondente aos sons que escoitaban e unha vez que remataban eu escribinlles coa mesma cor e por debaixo a palabra completa para que se fixaran en como é. Non a volven a escribir, simplemente nos fixamos e a dicimos en voz alta.
É moi importante esta parte para traballar a conciencia fonolóxica que será a base esencial para a lectura e escritura posterior. Máis adiante colgarei un posto sobre este tema.
Unha vez que xa temos a lista completa e xa sabemos que precisamos, puxémonos mans á obra e este foi o noso resultado!
Encantounos, e seguimos inmersos neste mundo do corpo humano.
Como xa sabedes encántannos os cadros, xa o curso pasado comezamos a traballar algúns deles, e este curso imos polo mesmo camiño.
Comezamos co cadro "Flora en la arena" de Paul Klee
"Flora en la arena" de Paul Klee, extraída de https://es.wahooart.com/@@/8LT44R-Paul-Klee-flora-on-arena
Nun primeiro momento, observamos o cadro en gran grupo e comentamos o que vemos. Neste caso pouco tempo fixo falta para que comezaran a falar de cadrados e rectángulos e de cores moi diferentes.
Para reinterpretalo recortamos cadrados e rectángulos de diferentes cores e con diferentes materiais.
Por equipos fomos pegándoos nunha cartolina que logo poñeriamos nunha máis grande para formar a reinterpretación do noso cadro.
Penso que nos quedou chulísimo. Despois dunha votación gañou o nome de ARCOIRIS, agora só nos queda escribilo!