xoves, 2 de abril de 2020

BENVIDA

Ola familias, ao ver que esta situación vai para largo, decidín abrir este blog para facervos chegar pequenas propostas a vós e sobre todo aos nenos e nenas da miña clase, e ao mesmo tempo compartir actividades que fixemos na clase. 
Para comezar esta aventura "blogueira" comparto con vós un vídeo para contarvos un conto! 

Como xa vistedes, o conto é "A que sabe a Lúa" da editorial Kalandraka de Michael Grejniec
Gustouvos? Se vos atrevedes co reto da caixa-conto aquí vos deixo varios links ao blog dos nenos e nenas do cole de Meira que fixeron uns cantos, explorade e a crear!

Tamén vos deixo o vídeo da canción do conto que ás nenas e nenos encántalles! 

   


E para despedirme, se tedes gañas de máis contos, non deixedes de visitar a páxina de Kalandraka de "Contos contados
Ata a próxima!

6 comentarios:

  1. Ola Rebeca , a Diego gustoulle moito o conto da lua,a canción sobe todo ,se viras a cara de ilusión cando te veu na pantalla. Unha gran idea .Moitas gracias e a coidarse

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Alégrome de que lle gustara! A canción encántalles, pídenma todos os días na hora da merenda. Coidádevos moito.

      Eliminar
  2. Ola Rebeca! Maira tamen flipou cando a chamei e lle dixen mira que teño aqui! Que cariña puxo!Gracias por axudalos a levar mellor esta situación!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Que ben! E que tiña ganas de que me viran e non só me oíran polo teléfono. É un pequeno grao de area para poder axudarlles no que poida. Canto se lles bota de menos!

      Eliminar
  3. Moi boa iniciativa Rebeca! Olivia tamén quedou encantada cando lle ensinamos o conto da lúa e sobre todo cando te veu e escoitou. Moitas gracias por facer pasar os nosos pequenos momentos tan agradables... seguiremos pendentes do blog. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Moitas gracias polo comentario. Así dá gusto darlle á cabeza para saber como chegar ás miñas nenas e nenos. Moitos bicos para toda a familia!

      Eliminar