xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Ola a tod@s! Como xa sabedes hoxe, 23 de abril, é o día do libro, así que moi feliz día do libro. Nós xa comezamos esta andaina blogueira compartindo contos, porque aínda que hoxe sexa o día do libro, na nosa aula os contos están presentes todos os días, e tanto aos nenos e nenas coma min encántannos!
Para celebralo propóñovos que leades toda a familia xunto o voso conto favorito e que pasedes un bo rato xunto, porque ademais de gozar coa lectura os contos axúdannos a evadirnos, e reláxannos en situacións tan complicadas como esta! 

Recórdovos que kalandraka TV  conta con contacontos. 

Ademais na rede, por estas circunstancias, tamén hai algúns autores que colgaron en aberto algúns dos seus contos infantís, como é o caso de Olga de Dios que tamén ten en aberto neste enlace o conto da Rá de tres ollos en galego.

Aproveito para comentarvos que na marxe dereita tedes os enlaces aos blogues de especialistas do centro e da páxina aulasgalegas na que atoparedes un montón de recursos. 

Espero que pasedes un bo día, mañá comparto algunha proposta artística para a fin de semana. 
Ánimo e nós podemos con isto! Moitos bicos

Ningún comentario:

Publicar un comentario