martes, 5 de maio de 2020

PRIMEIRO UN E DESPOIS OUTRO

Ola de novo familias, ola nenos e nenas! Como cada martes, veño por aquí a compartir unhas propostas, que espero que disfrutedes e o pasedes pipa con elas. 

Desta vez, a cousa vai de SERIES. Recordades o que eran as series? Lembrades que no cole as practicamos varias veces cos animaliños pequenos que temos na clase? Primeiro poñíamos un azul, e logo un verde, despois o azul e logo o verde, e así ata facer unha serpe longa longa longa. Pois o que vos propoño é que practiquedes estas series na casa, e como? Pois podedes facer series con obxectos comúns da casa: con xoguetes, con teas, con elementos pequenos, con elementos grandes. 

Eu déixovos aquí uns exemplos, pero podedes facelas co que se vos ocorra! 

CULLER-TENEDOR-CULLER-TENEDOR...

GRANDE-PEQUENA-GRANDE-PEQUENA....

CON FROITAS:

POR CORES:

E se a nena ou neno xa ten adquirido este concepto, podedes facer series de tres elementos:
IMPORTANTE: é moi importante que nesta actividade o neno/a sexa consciente do que fai e que vaia dicindo en voz alta o elemento que vai colocando. Cando rematamos a serie é tamén moi importante verbalizalo de maneira oral, desde o comezo ata o final para que esa aprendizaxe vaia asentándose no cerebro dos máis peques. 

Outra actividade que vos propoño hoxe é facer MANDALAS, coñecédelas? Serven para relaxarnos. Na clase acostumamos a facer "o tren da relaxación" dándonos masaxes uns aos outros, podedes ensinarllo ás vosas familias! 
Pero neste caso propóñovos crear as vosas propias mandalas. Trátanse de configuracións ou composicións de diferentes maneiras que nos axudan a concentrarnos. Hai montóns na rede para colorear, pero neste caso eu propóñovos que a fagades con elementos que teñades na casa, no xardín, con elementos da natureza...a poñer en marcha a creatividade! 
É importante que os nenos e nenas o fagan de maneira autónoma, e seguindo a súa estética. Podemos axudarlle creando un círculo grande para guialos nesa forma e que fagan a mandala dentro dese círculo comezando desde o centro, pero é importante que esta actividade sexa libre e respectar a súa estética. 
Aquí vos deixo a miña, moi sinxeliña cos elementos que tiña na casa:

Vós podedela facer ao grande! 
Aquí vos deixo algúns exemplos, pero hai montón na rede, soamente buscade "mandala naturaleza" ou "mandala con objetos":
Mandala naturaleza    Mandalas.   As Maravilhosas Mandalas Feitas com Flores e Folhas
                          
Non vos esquezades de mandarme as vosas creacións! Estos días compartirei por aquí cousiñas que me van chegando.
ATA A PRÓXIMA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario